Manualidades e contacontos, na Biblioteca Pública Municipal de Verín, para os alumnos do Colexio María Inmaculada Imprimir
Mércores, 13 Abril 2011 12:28

Mañá 14 de abril, os/as nenos/as do Colexio María Inmaculada asistirán a sesións de manualidades e contacontos na Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Máis de cincuenta alumnos/as de primaria deste centro escolar da vila acudirán a estas instalacións municipais para coñecer o servizo bibliotecario e funcionamento do mesmo; así como, as diferentes actividades educativas e lúdicas que se programan ao longo do ano. Todas elas destinadas a fomentar o interese pola lectura e cultura nos/as nenos/as do municipio, dinamizar a biblioteca e propiciar a labor de voluntariado entre os/as usuarios/as da mesma.

Esta visita constitúe a cuarta destas características, organizada pola Biblioteca de Verín, xa que en ocasións anteriores acudiron os/as alumnos/as do Colexio Rural Agrupado de Monterrei, CEIP Princesa de España e deste mesmo centro.