Cursos de formación para o certificado de Lingua Galega Imprimir
Mércores, 30 Xullo 2008 09:49
Até o día 20 de agosto, o Concello de Verín abre un período de inscrición en cursos de formación para a obtención dos certificados de lingua galega. A inscrición é gratuíta. Os interesados só deberán presentar o DNI, para fotocopia, e cubrir un formulario de solicitude.
Para facilitar a formación, recoméndaselle aos interesados que, antes de cubrir o formulario, se informen exhaustivamente dos coñecementos previos que se requiren, no caso de se querer inscribir nos niveis 2, 3 ou 4.

Os cursos están promovidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e teñen como obxectivo ofrecerlle unha opción formativa ás persoas que carecen de acreditación oficial, por proceder de outras comunidades autónomas ou por non estudar galego na formación obrigatoria ou no bacharelato.

A duración dos cursos é de 75 horas teórico-prácticas. Os cursos capacitan para se presentar ao exame do CELGA do nivel correspondente. Aos que superen as probas entrégaselle unha certificación oficial avalada pola Consellería de Educación que acredita o nivel de formación superado. Ese certificado é válido para calquera oposición que se convoque por organismos oficiais ou a efectos de currículo.