Ludonadal repite o seu éxito de participación na terceira edición |
Mércores, 26 Xaneiro 2011 10:37 |
Un total de 149 nenos/as participaron na ludoteca de ‘Ludonadal’, organizada polo Concello de Verín e a Asociación de Comerciantes de Verín (AEVER), destinada a incentivar o comercio local durante o Nadal.
A actividade supuxo un ingreso de 11.632,31€ para o comercio de Verín. A elevada presencia de nenos/as en todas as actividades desenvolvidas na ludoteca supuxeron un gasto medio por neno de 90 euros, e unha media diaria de máis de 1.000 euros, polo que o balance é positivo para a entidade municipal, e sobre todo para o dinamismo do comercio de Verín, sendo o terceiro ano que se realiza esta actividade -xa que non existe un importe mínimo de compra para que os pais e nais deixen aos seus fillos/as nesta ludoteca-. Con todo, nas actuacións realizadas durante a campaña de ‘Ludonadal’, que incluíu exposicións, concertos, teatro e ciclos de contacontos contaron cunha presencia masiva de menores, ao igual que a celebración da Cabalgata de Reis e a visita do Carteiro Real, ao que asistiron máis de 400 nenos/as que participaron en obradoiros de maquillaxe infantil, globoflexia, flores o pulseiras; así como na primeira edición do Cotillón Infantil de Noitevella ao que acudiron un total de 250 nenos/as verinenses. |