‘Trasnos’ na Biblioteca de Verín Imprimir
Martes, 18 Xaneiro 2011 11:57

O venres 21 de xaneiro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín promove a iniciativa ‘Trasnos na Biblioteca’, enmarcada dentro da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización desta instalación.

Contacontos e manualidades coa temática dos trasnos serán algunhas das actuacións realizadas para esta actividade, destinada a vinte nenos/as socios/as, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos, e realizadas por voluntarios e persoal da Biblioteca Pública Municipal.

Para participar nestas actividades é necesario inscribirse nas instalacións da Biblioteca Pública Municipal ou no teléfono 988-414776.