Convenio co Banco Pastor para a rehabilitación de inmobles no casco histórico Imprimir
Luns, 21 Xullo 2008 13:10
O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e o director rexional do Banco Pastor, Francisco Javier Barra Caseda, asinaron un convenio de colaboración no que se recollen as condicións financieras específicas que a entidade bancaria aplicará aos interesados na rehabilitación de vivendas no casco antigo da localidade.
Esta actuación enmárcase no proxecto de rehabilitación de inmobles situados no barrio de San Lázaro e no núcleo histórico de Verín. O Banco Pastor creará unha liña de préstamos destinados específicamente aos propietarios das vivendas que soliciten financiamiento para a súa rehabilitación; e unha liña de crédito destinada ao anticipo das axudas oficiais que proveñan do Concello de Verín.

Os beneficiarios deberán achegar coa súa solicitude as licenzas municipais e os proxectos de rehabilitación, así como, as axudas que puidesen obter do Concello de Verín a través das convocatorias dos programas de “subvención para actuacións na área de rehabilitación situados na zona monumental e outros inmobles catalogados” ou calquera outra axuda proporcionada por unha entidade ou organismo público para este fin.