Firma dun convenio con Caixanova para a rehabilitación de inmobles no casco antigo de Verín Imprimir
Luns, 21 Xullo 2008 11:02
O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e o director comercial en Ourense de Caixanova, Luis Aldemira Requejo, asinaron un convenio de colaboración no que se recollen as condicións financeiras especiais que Caixanova aplicará aos interesados na rehabilitación de inmobles no casco histórico da localidade.
O obxectivo deste convenio enmárcase no proxecto de rehabilitación de inmobles situados no barrio de San Lázaro e no núcleo antigo, así como outros edificios catalogados en Verín. Segundo o acordado, Caixanova concederá aos propietarios e inquilinos un financiamiento da obras en condicións especiais -mediante a creación dunha liña de préstamos destinados especificamente aos propietarios das vivendas que soliciten financiamiento para a súa rehabilitación, así como unha liña de crédito destinada ao anticipo das axudas oficiais que proveñan do Concello de Verín-.

Os beneficiarios deberán achegar coa súa solicitude os permisos e licenzas municipais, así como os proxectos de rehabilitación e, de ser o caso, aquelas subvencións e outras axudas que puidesen obter do Concello de Verín a través das convocatorias dos programas de “subvención para actuacións na área de rehabilitación situados na zona monumental e outros inmobles catalogados” ou calquera outra axuda proporcionada por unha entidade ou organismo público para este fin.