'Día Mundial das Bibliotecas' en Verín Imprimir
Luns, 18 Outubro 2010 11:21

A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín organiza, con motivo da celebración do Día Mundial das Bibliotecas, unha actividade cultural o vindeiro sábado 23 de outubro, de 11.30 a 13.30 horas, enmarcada dentro da programación de actuacións destinadas ao fomento da lectura.

Esta iniciativa, para nenos/as de 3 a 9 anos, consistirá realización de contacontos e manualidades, e na mesma colaborarán os/as voluntarios/as da Biblioteca de Verín. Para participar nesta actividade, destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da Biblioteca por día, é necesario inscribirse na mesma ou no teléfono 988-414776.

Por outra banda, os/as nenos/as menores de 14 anos que desexen participar no 7º Concurso de Debuxo de Postais do Nadal de Fernando Alonso, no que colabora a Biblioteca verinense, deberán acudir a estas instalacións municipais antes do 15 de novembro, momento no que serán remitidas todas as postais. No ano 2009, participaron un total de 13 nenos/as do municipios e as súas creacións estiveron colgadas na páxina web do piloto de Fórmula 1.