Cursos de bailes latinos Imprimir
Xoves, 07 Outubro 2010 13:11

O Concello de Verín, en colaboración con Saudeter, organizan un ano máis un curso de bailes latinos para adultos, nos que recibirán formación en disciplinas como salsa, bachata, merengue ou kizomba, entre outras.

As clases, que se impartirán no Pavillón Municipal de Deportes, terán lugar os seguintes días:
- Luns: de 20.30 a 21.30 horas (iniciación) e de 21.30 a 22.30 horas (perfeccionamento).
- Mércores: de 20.30 a 21.30 horas (perfeccionamento) e de 21.30 a 22.30 horas (iniciación).

Os/as interesados/as en participar deberán inscribirse no Pavillón Municipal de Deportes, de luns a venres de 10 a 13 e de 17 a 20 horas. Esta actuación, destinada a crear unha escola de baile no municipio, busca fomentar un política municipal promotora da saúde, que impulse a participación comunitaria, promova ambientes onde sexa máis fácil practicar estilos de vida saudables, a través da boa alimentación e da práctica regular do deporte