Exposición fotográfica ‘Impacto Visual’ Imprimir
Luns, 14 Xuño 2010 13:53

Desde o 14 ao 26 de xuño, a Casa do Escudo de Verín acolle a exposición fotográfica ‘Impacto Visual’, de David Muiños Duarte.

Esta mostra está conformada por 46 fotografías de paisaxes, fotografía abstracta, autorretratos, collage e retratos, en color ou branco e negro.

David Muiños Duarte, coñecido artisticamente como Fotos DMD, empezou no mundo da fotografía como unha loita polo progreso e a superación, realizando imaxes que buscasen o impacto no espectador. Nesta exposición amosa unha evolución con respecto ás fotografías antigas, con xogos de luces e sombras pronunciadas, retoques agresivos que lle outorgan dramatismo e chegan, nalgunhas ocasións, á irrealidade.

Ata o momento, este fotógrafo participou en varias exposición colectivas en Cangas, A Coruña e Vigo.

A exposición poderase visitar de luns a xoves (das 10 ás 15 horas e das 16.30 ás 21.30 horas), venres e sábados (das 10 ás 15 horas e das 16.30 ás 20.30 horas) e domingos (de 12 a 15 horas).