Presentación de Unicrom, de Rosa Enríquez Imprimir
Xoves, 03 Xuño 2010 11:06

A Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá mañá 4 de xuño, a partir das 20 horas, a presentación da novela Unicrom, de Rosa Enríquez.

Unicrom, novela de ciencia ficción e aventura destinada a un público xuvenil adulto -entre 16 e 24 anos-, é a primeira achega narrativa publicada por Rosa Enríquez (A Rúa, 1969). Con anterioridade a esta obra, a autora publicou Vestíbulo da devastación (Editorial Espiral Maior, 2007) e Nas aforas (editado no ano 2006 polo Concello de Outes, por acadar o Premio Francisco Añón de Poesía 2005).

Neste acto, organizado por Sotelo Blanco Edicións en colaboración co Concello de Verín, tamén participará o escritor e periodista Juan Tallón.