Exposición de Cerámica Imprimir
Martes, 01 Xuño 2010 12:23

Desde o 2 ao 12 de xuño, a Casa do Escudo de Verín acollerá a ‘Exposición de Cerámica’, conformada por obras do alumnado da Aula de Cerámica da Escola de Artes e Oficios de Verín e o de seu docente, Luís Pachón.

Esta mostra recolle cincuenta traballos realizados en cerámica creativa, arxila ou vidrados de cores durante o curso 2009-2010, tanto polos/as alumnos/as como por Luís Pachón, profesor desta disciplina artística, que expón por primeira vez xunto cós/coas alumnos/as.

A exposición poderase visitar de luns a sábado, das 10 ás 14 horas e das 16.30 ás 20.30 horas.