Animación lectora para preescolar na Biblioteca Pública Municipal de Verín Imprimir
Luns, 24 Maio 2010 12:05

A Biblioteca Pública Municipal de Verín organiza, en colaboración coa Fundación Preescolar na Casa, unha actividade de animación á lectura para pais/nais e nenos/as de dous anos de idade.

Con esta iniciativa, que terá lugar hoxe 24 de maio, ás 18 horas, preténdese incentivar o fomento da lectura, interacción entre pais e nais cos/coas seus/súas pequenos/as e xerar un hábito de acudir a estas instalacións municipais.

Ademais, permitirá aos proxenitores consultar dúbidas ás educadoras e intercambiar prácticas educativas a desenvolver cos/coas nenos/as.