Día das Letras Galegas na Biblioteca Pública Municipal de Verín Imprimir
Martes, 11 Maio 2010 11:15

O sábado 15 de maio, de 11 a 13 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín organiza actividades lúdico-culturais con motivo do Día das Letras Galegas, adicado este ano ao poeta Uxío Novoneyra.

Esta iniciativa, enmarcada dentro da programación de actividades para o fomento da lectura, está destinada a nenos/as con idades comprendidas entre os 3 e 8 anos, e na mesma realizaranse contacontos e manualidades por parte do persoal da instalación e nenos/as voluntarios/as da biblioteca.

Para participar nesta iniciativa é necesario inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776.