IV Xornadas de Deporte e Saúde Imprimir
Venres, 07 Maio 2010 11:03

O Concello de Verín e Cruz Roja Verín organizan, por cuarto ano consecutivo, as Xornadas de Deporte e Saúde co fin de desenvolver políticas activas para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas, promovendo a saúde a través dunha alimentación saudable e a práctica de actividade física regular. Esta iniciativa terá lugar entre os días 18 de maio e 5 de xuño, ampliándose de dúas xornadas a dezaoito nesta edición, e nas mesmas organizaranse as seguintes actividades:

- Ioga para todos (18, 20, 25 e 27 de maio)
o Curso gratuíto de ioga para todos os/as asociados/as de AEVER (Asociación de Empresarios de Verín).
o Na Piscina Climatizada de Verín, de 20.15 a 21 horas.
o Organizado por AEVER en colaboración co Concello de Verín.

- Campionato Galego de Wu Shu (22 de maio)
o No Pavillón de Deportes, entre ás 10 e 21 horas.
o Competición, exhibicións e combates.
o Na sesión de maña disputaranse as modalidades de Wu Shu de infantís e cadetes, e pola tarde, os júnior e sénior. Durante o serán realizarase unha demostración da selección galega, que contará coa presenza de José Manuel Ferreira Colmenero, cinco veces campión de España e medalla de prata no Campionato Europeo de Polonia.
o No referente aos combates disputaranse cinco entre os estilos de Sanda            -o loita china- e Kick Boxing (realizados coas normas de Sanda e Sera al Ko). Entre os participantes atópanse Alfonso Valcarcel, actual campión de Europa na categoría de 90 quilogramos, ou Francisco Sobradelo, medalla de bronce no Europeo de Turquía 2010.
o Organizado polo Ximnasio Arco (Verín) en colaboración co Concello de Verín.

- Andaina a Monterrei (25 de maio)

o Ruta familiar ata o castelo de Monterrei, de seis quilómetros.
o A saída será ás 10 horas, desde o Centro Social 3ª Idade de Verín, e servirá de preparación aos/ás participantes para o Camiño de Santiago.
o Organiza o Centro Social 3ª Idade en colaboración co Concello de Verín.

- Exhibición das Escolas Deportivas de Verín (27 de maio)
o Exhibición dos/as alumnos/as das distintas disciplinas deportivas das Escolas Municipais.
o No Pavillón de Deportes, a partir das 18 horas.
o Organiza o Concello de Verín.

- Andaina a Monterrei (28 de maio)

o Ruta familiar ata o castelo de Monterrei.
o A saída será ás 10 horas, desde o Centro Social 3ª Idade de Verín, e servirá de preparación aos/ás participantes para o Camiño de Santiago.
o Organiza o Centro Social 3ª Idade en colaboración co Concello de Verín.

- Festa Acuática (28 de maio)
o Festa infantil para nenos/as dos cursos de natación da Piscina Climatizada, con motivo da clausura dos mesmos.
o Na Piscina Climatizada, a partir das 17 horas.
o Organiza o Concello de Verín.

- IV Encontro Deporte e Saúde (29 de maio)
o Iniciativa programada para asociacións rurais e de mulleres da provincia de Ourense, que desenvolven durante o ano actividades deportivas saudables, socios e alumnos de cursos de instalacións deportivas e centros sociais, e integrantes de colectivos participantes en actividades específicas como baile, taichi, pilates ou ioga.
o Realización de actividades como aerobic, pilates, taichi, bailes latinos e de salón ou wellness, así como espectáculos audiovisuais, animacións e exhibicións.
o Na zona polideportiva de A Granxa, a partir das 18 horas.
o Organiza o Concello de Verín en colaboración con Saudeter.

- III Marcha Cicloturista BTT (30 de maio)
o A saída terá lugar ás 9.30 horas, desde o Pavillón de Deportes e conta con dous percorridos, un de 35 quilómetros e outro de 50 -atravesando os núcleos rurais de Cabreiroá, Tamagos, Mourazos, Feces de Cima, Vilarello da Cota, Villardeciervos e retorno a Verín por San Antón-.
o O prezo da inscrición é de 16 euros para os non socios e 12 para os socios do Club BTT Verín.
o Organiza o Concello de Verín en colaboración con Club BTT Verín.

- 1º Campionato de Cachibol (31 de maio)

o Dirixido á Terceira Idade.
o No Pavillón de Deportes, ás 10.30 horas.
o Organiza o Centro Social 3ª Idade en colaboración co Concello de Verín.

- Andaina “San Antón-Cabreiroá”  (1 de xuño)
o Ruta familiar desde o barrio de San Antón ata Cabreiroá, de nove quilómetros.
o A saída será ás 10 horas, desde o Centro Social 3ª Idade de Verín, e servirá de preparación aos/ás participantes para o Camiño de Santiago.
o Organiza o Centro Social 3ª Idade en colaboración co Concello de Verín.

- Charla ‘A Doma Clásica na Equitación” (1 de xuño)
o Impartida por Juan Francisco Fernández Muñoz, xinete de Doma Clásica, Alta Escola e Doma Vaquera.
o Na Casa da Cultura, ás 20 horas.
o Organiza o Concello de Verín en colaboración con Club Hípico de Monterrei.

- Curso de Primeiros Auxilios (2 e 3 de xuño)
o Destinado a mozos e adultos.
o Na Casa da Cultura, de 20.30 a 22.30 horas.
o Organizado pola Cámara de Comercio de Ourense en colaboración co Concello de Verín.

- Andaina “Verín-Vilaza” (4 de xuño)
o Ruta familiar desde o barrio de Verín a Vilaza, de nove quilómetros.
o A saída será ás 10 horas, desde o Centro Social 3ª Idade de Verín, e servirá de preparación aos/ás participantes para o Camiño de Santiago.
o Organiza o Centro Social 3ª Idade en colaboración co Concello de Verín.

- Charla ‘Deporte Base-Escola de Vida’ (4 de xuño)
o Impartida por Toni Otero, coordinador deportivo do R.C. Celta de Vigo
o Na Casa da Cultura, ás 19 horas.
o Organiza o Concello de Verín en colaboración co A.D. Veteranos Verín.

- 1º Torneo Internacional Fútbol 7 – Benxamín (5 de xuño)
o Participan CDI Sanabria, GD Chaves, EDC Xinzo de Limia, GD Boticas, EDC Celanova, AD Flaviense, GD Verín A e GD Verín B.
o Na zona polideportiva de A Granxa, de 10 a 20.15 horas.
o Organiza o Concello de Verín en colaboración co A.D. Veteranos Verín.