O autobús Eco-aula do proxecto Ecoemprende visita Verín Imprimir
Venres, 07 Maio 2010 11:02

O vindeiro 11 de maio, en horario vespertino, o autobús Eco-aula móbil achégase ata Verín co fin de informar aos/ás veciños/as das accións que se van a desenvolver dentro do Programa Emplea Verde, cofinanciado pola Fundación Biodiversidade, Fondo Social Europeo e Concello de Ourense, en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Esta campaña de comunicación, do proxecto Ecoemprende, ten por obxecto divulgar as potencialidades do sector ambiental como xerador de actividades económicas e novos xacementos de emprego.

Os/as destinatarios/as cumprimentarán un pequeno formulario, con datos de carácter persoal e relativo á empresa na que traballan, a fin de xustificar que os/as interesados/as foron beneficiarios/as do proxecto. Con posterioridade recibirán a través dun servizo de mensaxería tres guías de temática medioambiental e un CD interactivo.