Mérce Rancaño: fotografías Imprimir
Venres, 30 Abril 2010 13:06

Desde o vindeiro 4 de maio ao 1 de xuño, a Casa do Escudo de Verín acollerá a mostra ‘Mérce Rancaño: fotografías’

A exposición recolle unha trintena de fotografías en color, branco e negro que amosan natureza, arquitectura e paisaxes fundamentalmente galegos.

Mérce Rancaño é unha fotógrafa de formación autodidacta, nativa de Lugo, cidade onde reside. Colaboradora permanente das revistas Trasluz Lukus e Eco (revista do Eixo Atlántico), as súas imaxes exhibíronse nunha primeira etapa en cafés e librarías, e divulgáronse a través de colaboracións puntuais en diversas revistas.

A súa ultima exposición, que rematou en xaneiro deste ano, foi na Sala Juana Francés do Ayuntamiento de Madrid. O ano pasado colgou as súas fotos en salas de diversas cidades e vilas galegas: Raskeler  (Vigo), Sala Uxío Novoneira  (Lugo) e  Molduarte (Cedeira - A Coruña). A súa próxima mostra será en Betanzos, nunha sala de propiedade municipal.
A exposición poderase visitar de luns a sábado, das 10 ás 14 horas e das 16.30 ás 20.30 horas.