Éxito na segunda edición da Ludoteca Municipal de Semana Santa Imprimir
Mércores, 07 Abril 2010 10:03

Un total de 103 nenos/as participaron na campaña da Ludoteca Municipal de Semana Santa, organizada polo Concello de Verín e a Asociación de Comerciantes de Verín (AEVER), co fin de incentivar a actividade comercial durante as vacacións de Semana Santa.

Nos días 27, 29, 30 e 31 de marzo, 3 e 5 de abril, nenos/as con idades comprendidas entre os 3 e 7 anos participaron neste proxecto, que buscaba incentivar a promoción do comercio local, facilitar a conciliación do tempo libre dos pais co coidado dos seus/súas cativos/as e proporcionar aos/ás nenos/as un espazo de lecer durante estas xornadas.

A suma total dos tickets relativos ás compras realizadas polos/as pais/nais para xustificar a presenza dos seus cativos/as na actividade, ascendeu a un total de 4.895,62 euros. A elevada presencia de nenos/as en todas as actividades programadas, procedentes de diversos puntos da provincia de Ourense, como Xinzo de Limia, e doutras zonas de España, supuxeron un gasto medio por neno/a de 47 euros e unha media diaria de 816 €, polo que o balance para a entidade municipal é moi positivo.