Minuto de silencio polos sucesos de Valencia Imprimir
Luns, 26 Febreiro 2024 15:58

O Concello de Verín uniuse hoxe á convocatoria da FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias) para render homenaxe ás vítimas do devastador incendio acontecido o pasado xoves en Valencia.


Esta maña levouse a cabo un minuto de silencio na Praza do Concello como mostra de solidariedade cos falecidos, as súas familias, os feridos e todas as persoas afectadas pola perda dos seus fogares. Este xesto tamén expresa apoio ao Concello de Valencia e a toda a cidadanía nestes difíciles momentos.