O Concello de Verín presentará as iniciativas para mellorar a xestión dos biorresiduos Imprimir
Venres, 16 Febreiro 2024 11:57

Compostaxe O xoves 22 de febreiro ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Casa da Cultura, o Concello de Verín convida á veciñanza e ao tecido empresarial, en especial á hostalaría e grandes produtores de residuos orgánicos, a coñecer de primeira man os proxectos para mellorar a xestión dos biorresidous no municipio.

Por unha banda, no ámbito rural, apostarase pola autoxestión da materia orgánica, fomentando a compostaxe doméstica.Doutra banda, no ámbito urbano, engadirase un novo contedor aos xa existentes na rúa, o contedor marrón. Este contedor, dedicado exclusivamente aos residuos orgánicos, presentará a peculiaridade de ter fechadura, polo que os veciños e veciñas que queiran participar na devandita iniciativa, deberán solicitar a súa tarxeta identificativa. Desta forma, preténdese mellorar a separación dos residuos, facilitando a súa reciclaxe.Tamén cabe destacar o importante papel que representan os grandes produtores, polo que, de cara a que o proxecto sexa un éxito, recibiran, de balde, asesoramento e medios para levar a cabo esta transición.As iniciativas, contan co apoio da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e co cofinanciamento da Unión Europea a través do Fondo Europeo relativo ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da UE, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia - Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.