Comunicado Oficial: O Desfile Infantil posponse ao xoves 15 de febreiro Imprimir
Mércores, 07 Febreiro 2024 18:39

Desde a concellería de Festexos, Cultura, Turismo e Conservatorio do Concello de Verín infórmase que tras a reunión mantida hoxe ao mediodía con todos os centros educativos da comarca que participan no Desfile Infantil acordouse o seguinte:



-          O desfile infantil posponseao xoves 15 de febreiro á mesma hora (11:45 horas) e co mesmo percorrido, sempre que as condicións climatolóxicas o permitan.

-          Igualmente, os centros escolares que así o consideraron pertinente celebrarán mañá no Pavillón Municipal de Deportes o seu Entroido Infantil.

«É importante recordar que que hai colexios que non dispoñen dun pavillón cuberto coas dimensións necesarias para celebrar este evento co seu alumnado; polo tanto cremos necesario facilitar, aos que así o consideren, a opción de empregar o noso pavillón municipal para que a cativada goce do seu día», explicou Samanta Barreira.

Desde o Concello de Verín queremos agradecer a comprensión e colaboración de todos os centros educativos.