O CRA Monterrei deseña o Cartel Oficial “Desfile Infantil” do Entroido 2024 de Verín Imprimir
Xoves, 25 Xaneiro 2024 15:18

O CRA Monterrei deseña o cartel oficial que representará o vindeiro 'Desfile Infantil' do Entroido 2024, que percorre durante a mañá do Xoves de Comadres as rúas e prazas de Verín.

Nesta ocasión, do mesmo xeito que nas anteriores edicións, os representantes dos centros educativos que participan no desfile decidiron, por unanimidade, que o deseño debía ser realizado polo colexio responsable da apertura do desfile,  nesta ocasión, o CRA Monterrei.


Tras elaborar este centro dous carteis, representantes dos CEIPS Castrelo do Val, Vilardevós, Princesa de España, Amaro Refojo, Medeiros, Vendas da Barreira e Augusto Assia (A Mezquita); Gardería A Mezquita, Pai de Riós, CPR María Inmaculada, Casas niño Albarellos, Cualedro, Castrelo do Val, Vilardevós, Pepín, Vences e Vilaza, CRA Monterrei, CPA Mercedarios e os IES García Barbón e Taboada Chivite, seleccionaron mediante votación o cartel de esta edición.

O centro educativo recibirá un vale de 400 euros para material escolar e deportivo, a adquirir en establecementos do concello de Verín.