España derrota a Portugal en Verín Imprimir
Mércores, 08 Novembro 2023 10:06

Galicia leva en voandas á campioa de Europa. España e Portugal evidenciaron que a súa rivalidade vai máis aló do que haxa en xogo. Sempre son partidos que se xogan á máxima intensidade e nos que se quere deixar claro que hai que ser superior ao rival. E así o fixeron ambas as seleccións, sabendo que é un partido que pon a primeira pedra para os grandes partidos que esperan no horizonte de 2025 co Mundial e o Europeo. De momento, as de Clàudia Pons levaron o primeiro asalto.

España, como local e xogando en Galicia, en Verín, foi a que comezou o partido mandando, xerando as primeiras ocasións. E o traballo non tardou en dar os seus froitos, xa que aos seis minutos chegou o tanto de Luci nunha xogada de córner. E as de Clàudia Pons tiveron o segundo mediada esa primeira metade nunha ocasión de Dany, que roubou o balón á gardameta, aínda que o seu disparo de marchou fóra.

Portugal non baixou os brazos e foi crecendo aos poucos, ata xerar as súas mellores ocasións no tramo final do primeiro período, aínda que se atopou con Silvia. A meta galega non puido evitar o empate no inicio da segunda parte, cando un remate cruzado de Fifó entrou tras tocar en Mayte.

Pero se España caracterízase por algo é pola súa forte mentalidade e non tardou en chegar a resposta. Vane Sotelo, que volvía á localidade onde empezou a xogar, ameazou primeiro e golpeou despois. Apenas pasara un minuto e a máxima goleadora da historia da selección apuntaba unha marca máis á súa conta.

Coa vantaxe, España mantivo a súa firmeza defensiva, sen renunciar a incrementar a conta, algo que e produciu na recta final, cun potente disparo de Irene Córdoba, que puxo o broche a outro gran partido.

Mañá, en Salvaterra de Miño (19:00 horas, RTVE Play), segundo asalto ante Portugal.

Galicia leva en voandas á Selección Española

Galicia nunca falla e as campioas de Europa tomaron boa nota diso. O Municipal de Verín rexistrou un cheo ata a bandeira para arroupar á Selección Española de fútbol sala no primeiro choque das de Clàudia Pons en terras galegas.