Máis de 150 estudantes de Verín recibiron á selección española feminina de fútbol sala, campioa de Europa, nun acto deportivo-escolar Imprimir
Luns, 06 Novembro 2023 15:16

O Pavillón do Complexo Deportivo de A Granxa acolleu hoxe un acto escolar-deportivo no que as xogadoras, e a súa seleccionadora, Clàudia Pons, compartiron as súas experiencias como deportistas profesionais cos máis de 150 nenos e nenas procedentes de varios centros escolares de Verín.

As xogadoras da selección española, acompañadas so seu equipo técnico, foron recibidas no Pavillón do Complexo Deportivo. de A Granxa da Granxa por Samanta Barreira, en representación da concellería de Deportes do Concello de Verín; polo presidente do Comité Galego de Fútbol Sala, Pablo Prieto; e por Pedro Munaret, en representación da RFEF.

Os estudantes, procedentes dos CEIP Princesa de España e Amaro Refojo e o CPR Mª Inmaculada,  tiveron a oportunidade de facerlle unha serie de preguntas e coñecer de primeira man as súas valiosas experiencias como xogadoras profesionais; achegándolle así o apaixonante mundo do fútbol sala á próxima xeración de deportistas da nosa comunidade.

As deportistas profesionais tamén quixeron aproveitar a ocasión para facerlle a ao Concello de Verín un obsequio moi especial, unha camiseta oficial firmada por todas as integrantes do equipo.

A Selección Española Absoluta Feminina de fútbol sala volta a Galicia este mes de novembro. O combinado dirixido por Claudia Pons disputará o día 7 de novembro un partido amigable en Verín, logo do acordo ao que a Real Federación Galega de Fútbol chegou co concello.

Catro galegas na convocatoria

A seleccionadora absoluta de fútbol sala, Clàudia Pons, fixo oficial a convocatoria para os encontros amigables fronte a Portugal que se disputarán os día 7 e 8 de novembro en Verín (Ourense) e Salvaterra de Miño (Pontevedra), respectivamente. Serán os primeiros encontros do combinado nacional absoluto tras proclamarse campión de Europa o pasado mes de marzo.

.

España xogará este dobre amigable en Galicia con catro xogadoras galegas na convocatoria:

  • Silvia Aguete (MCD Torreblanca Melilla)
  • Ale de Paz (Poio Pescamar)
  • Luci Gómez (AE Les Corts UBAE)
  • Vane Sotelo (Arriva AD Alcorcón)