Presentación: «Poemario», obra de Eduardo Castro Imprimir
Martes, 24 Outubro 2023 12:33

O vindeiro 25 de outubro, ás 19:30 horas, o Salón de Actos da Casa da Cultura acolle a presentación da obra «Poemario» de Eduardo Castro.

Trátase dun conxunto de 50 poemas, a maioría deles de amor, e tamén adicados a Galicia e a súa emigración, a xuventude, á protesta civil/política e un de despedida.

O libro conta cun prólogo do escritor e membro do Foro Monterrei, Alberte Blanco Casal, que fai un percorrido pola vida e a personalidade do autor.

Eduardo Castro é membro do Foro Monterrei dende a súa fundación no 2011, e a súa actividade profesional estivo centrada no mundo bancario, pero tamén levou a cabo actividades de etnografía e xornalismo.