Presentación: «Poemario», obra de Eduardo Castro |
Martes, 24 Outubro 2023 12:33 |
O vindeiro 25 de outubro, ás 19:30 horas, o Salón de Actos da Casa da Cultura acolle a presentación da obra «Poemario» de Eduardo Castro. Trátase dun conxunto de 50 poemas, a maioría deles de amor, e tamén adicados a Galicia e a súa emigración, a xuventude, á protesta civil/política e un de despedida. O libro conta cun prólogo do escritor e membro do Foro Monterrei, Alberte Blanco Casal, que fai un percorrido pola vida e a personalidade do autor. Eduardo Castro é membro do Foro Monterrei dende a súa fundación no 2011, e a súa actividade profesional estivo centrada no mundo bancario, pero tamén levou a cabo actividades de etnografía e xornalismo. |