Verín acolleu a inauguración oficial da Exposición “Castelao Grafista (Facsímile)” Imprimir
Xoves, 19 Outubro 2023 16:20

Esta mañá tivo lugar na sala de Exposicións do Concello de Verín a inauguración oficial da exposición “Castelao Grafista (Fascímile)”. Na mesma participaron Samanta Barreira Vivián, concelleira de Cultura do Concello de Verín; Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense; Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense; e Pablo Villar Fernández, director da oficina de Abanca en Verín.


A concelleira de Cultura, Samanta Barreira, quixo agradecer a AFundación a posibilidade de poder contar en Verín con esta «magnifica e tan necesaria» exposición que «sen dúbida serve de catalizador para  reivindicar e destacar a plena actualidade dunha figura tan emblemática como a de Castelao».

«Castelao foi un fervoroso defensor da nosa identidade e nación galega e un mestre na comunicación a través da ilustración. O seu legado segue vivo e inspirándonos para reflexionar sobre os desafíos actuais e a necesidade de dialogar sobre o noso futuro», explicou Barreira.

A citada exposición, que será de carácter gratuíto, reúne 19 facsímiles da Colección de Arte Afundación e 89 debuxos do álbum Cousas dá vida de Castelao, dos que 49 pertencen á Colección de Arte ABANCA; tamén obras procedentes doutras institucións, galerías e particulares. Así mesmo, poderase gozar de 3 retratos fotográficos, 4 caricaturas e 17 debuxos e portadas de revistas. Ademais, poderase ler o texto orixinal do álbum Nós e contemplar 2 manuscritos de Castelao, 18 portadas das primeiras edicións dos seus libros, 3 páxinas interiores, 14 portadas de libros ilustradas por Castelao e 3 debuxos. A mostra estará aberta ao público ata o 18 de novembro e o  horario de visita da mesma será de martes a sábado, de 17:30 a 21:00 horas.

Caricaturista, debuxante, ilustrador, columnista, escritor, pintor, escenógrafo, ensaísta, historiador, etnógrafo, teórico, político, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, A Coruña, 1886 – Buenos Aires, 1950) constitúe o foco desta exposición que reúne unha ampla selección das súas múltiples facetas. Con este proxecto de difusión internacional, divulgamos a obra e o pensamento dun dos creadores galegos máis singulares, en países dos cinco continentes ao longo dos últimos anos. Agora, dentro do programa CORRENTE CULTURAL, Afundación leva a cada punto da nosa xeografía para que toda a poboación sexa coñecedora e goce das súas creacións e das súas inmensas achegas á nosa historia máis recente.

Esta mostra enmárcase en CULTURA POR ALIMENTOS, unha iniciativa de Afundación a favor de FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos). Accede e colabora doando algún alimento non perecedoiro que irá destinado ao banco de alimentos local.

Organizada pola Fundación Gonzalo Torrente Ballester, a Real Academia Galega de Belas Artes e Turismo de Galicia – Xunta de Galicia, a exposición “Castelao grafista (facsímile)” é o proxecto máis ambicioso para dar a coñecer e difundir a obra e o pensamento de Castelao nos cinco continentes. Desde Afundación Obra Social ABANCA coaban co proxecto expositivo sobre o insigne Castelao itinerando a mostra polos diferentes concellos galegos co seu programa CORRENTE CULTURAL.

Os grupos e visitas escolares interesadas en visitar esta exposición poden concertar o seu reserva nos teléfonos 988 410 334 - 988 410 000/1.