Aviso importante: Accións comerciais anómalas en Verín Imprimir
Mércores, 11 Outubro 2023 13:14

O Concello de Verín, a través da empresa Espina y Delfín, quere informar á cidadanía sobre a seguinte situación que se ven detectando na localidade:


Recentemente, detectouse a presenza de comerciais proporcionando información incorrecta aos usuarios, chegando a afirmar que a calidade da auga en Verín non é apta para o consumo, entre outras afirmacións erróneas. Este tipo de prácticas son inaceptables e teñen o único obxectivo de promover a venda dos seus produtos.

Queremos deixar claro que estas accións non contan coa autorización de Espina y Delfín para levarse a cabo na nosa localidade. Ademais, constatamos aos veciños e veciñas de Verín que a auga fornecida é totalmente potable e cumpre con todos os estándares de calidade e seguridade (A mesma está sometida a un control estrito, seguindo as análises pertinentes, tal como establece o novo Real Decreto 3/2023).

Recomendamos ás persoas que se atopen ante esta situación que non dean credibilidade ás declaracións destes comerciais e que, en caso de dubida ou sospeita, contacten directamente con Espina y Delfín para obter información fiable.

Agradecemos a colaboración e comprensión da nosa comunidade ante esta situación e estamos dispoñibles para resolver calquera dúbida ou preocupación que poida xurdir.