Un concurso de pintura para artistas gráficos maiores de 16 anos, unha das actividades paralelas máis novidosas desta edición do Festival de Curtas de Verín Imprimir
Mércores, 16 Agosto 2023 17:18

A Asociación Cultural Vía XIV, responsable da organización do Festival de Curtas de Verín, pon en marcha por primeira vez este ano na axenda de actividades paralelas que se configura arredor do certame un novidoso concurso de pintura orientado a artistas gráficos. En colaboración con Artes Van Gogh e Boticas Hotel Art & SPA, a iniciativa levará como nome Pinturas de cine e convidará a artistas da comarca a plasmar sobre un lenzo a representación dunha escena da historia da cinematografía, que previamente deberán escoller de xeito individual e comunicar á organización do concurso.

Os artistas gráficos que participen na iniciativa disporán dun máximo de catro horas para realizar a súa proposta e para facela contarán coas ferramentas e co material de traballo específico que lles achegue a organización. As obras realizadas vanse expoñer no hall do Auditorio de Verín ata o venres 15 de setembro e outorgaranse dous premios, un de carácter profesional proposto por un xurado de expertos e un segundo a cargo do público, a través dunha votación popular.

  • Cabalete
  • Bastidor con lenzo entre 24 x 30 y 30 x 40
  • Pinturas acrílicas: Branco, negro, cyan maxenta e amarelo
  • Pincel fino e groso
  • Lapis para boceto
  • Paleta mestura

“Con esta actividade, pretendemos achegar o cinema a novos públicos e atraer visitantes ata o Auditorio para desfrutar das obras que realicen os artistas que se inscriban na iniciativa”, sinala Carlos Montero, director do festival. “Ademais, todos os participantes en Pinturas de cine contarán con acceso libre ás pases de exhibición das curtametraxes enmarcadas nas diferentes categorías do certame”, engade.

Espazo de traballo

O concurso vaise celebrar o domingo, 10 de setembro, na zona exterior do Auditorio da vila do Támega e cada participante traballará nun lugar concreto que lle asigne a organización do certame. Aqueles que se inscriban para tomar parte no concurso non poderán reubicarse fóra do espazo asignado, salvo que as condicións meteorolóxicas así o esixan.

Os artistas gráficos que queiran participar na iniciativa, profesionais ou amateurs, deberán ser maiores de 16 anos e formalizar a súa inscrición antes do 6 de setembro, a través do formulario habilitado ao efecto na páxina oficial do certame. O concurso está aberto a un máximo de 15 participantes, que serán seleccionados por estrita orde de inscrición, seguindo as indicacións das bases da iniciativa que poden consultarse na web do festival (ficviaxiv.com).

Os gañadores deste primeiro concurso de pintura do FIC serán agasallados cunha estadía para dúas persoas nunha das entidades colaboradoras da iniciativa, o Boticas Hotel Art & SPA. Ademais, recibirán unha bolsa con diferentes obsequios.

O material para participar neste concurso será facilitado pola organización e constará dos seguintes elementos: