O IES García-Barbón de Verín amplía a oferta formativa coa incorporación de novos ciclo en Dual de Automoción, Aceites e viños e Hixene bucodental. Imprimir
Mércores, 21 Xuño 2023 16:00

O centro conta actualmente con ensinanzas de Bacharelato, Educación Secundaria de Adultos, ciclos formativos das seguintes familias profesionais: sanitaria, administrativa, instalación e mantemento e automoción, sección delegada da Escola Oficial de Idiomas e Aula Mentor.


Ata agora o centro contaba cos CB Mantemento de Vehículos, CB Servizos Administrativos, CM Coidados Auxiliares de Enfermaría, CM Xestión Administrativa, CM Mantemento Electromecánico, CM Electromecánica de Vehículos e CS Administración e Finanzas. De cara o vindeiro curso 23/24 amplíase a oferta coa incorporación do ciclo formativo de grado medio de Aceites e Viños, e os ciclos superiores de Hixiene bucodental e Automoción, que se implantan na modalidade dual, en colaboración con diversas empresas da contorna nas que o alumnado se formará e traballará durante dous cursos académicos.

O equipo directivo agradece a colaboración das empresas implicadas así como da Denominación de Orixe Monterrei, sen as cales non sería posible lograr a implantación destes novos ciclo, e confia que nun futuro se poida incrementar o número de empresas colaboradoras para así seguir ampliando e diversificando a oferta formativa do centro.

O período de solicitude de plazas para os ciclos medios ou superiores, tanto na modalidade presencial como dual, estará aberto do 23 de xuño ata o 5 de xullo ás 13 horas. A solicitude de praza realizarase a través do seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/

A matrícula para Bacharelato será entre o 23 de xuño e o 7 xullo, e realizarase no propio centro educativo.

Acceso aos vídeos da oferta formativa de FP: https://youtube.com/playlist?list=PLwETabGTKTUe6xvQKAR8A_6LyIKnXuG-p