Pleno de constitución da nova corporación e elección do alcalde. Imprimir
Domingo, 18 Xuño 2023 09:33

Esta  mañá tivo lugar na casa do Concello de Verín o pleno de constitución da nova corporación. A mesa do pleno de investidura foi presidida por Cándida Couñago, a concelleira de maior idade, quen fixo o chamamento para a toma de posesión e xuramento dos 17 concelleiros electos que conforman a nova Corporación Municipal:


 PSdG-PSOE: Gerardo Seoane Fidalgo, Rosario Rodríguez Delgado, José Luís Martín Domínguez, Julio Viéitez Pardelas, Cándida Couñago Lara, Manuel Lorenzo Feijoó, Vicente González Pérez e María Isabel González Fernández.

BNG: Diego Lourenzo Moura, Samanta Barreira Vivian, Eugenio Quintas Albores, Purificación Caldelas Rodríguez e Abelardo Meiriño Vieites.

PP: Lara da Silva, Áitor Álvarez,  Sonia Árias  e Beatriz Blanco.

Finalmente, o candidato socialista, Gerardo Seoane Fidalgo, foi investido alcalde tras recibir a maioría absoluta de votos da Corporación, 13 por parte dos concelleiros e concelleiras dos grupos políticos do Partido Socialista e do Bloque Nacionalista Galego.