Presentación do libro de Bruno Cardeñosa “Aquí comenza A Rosa dos Ventos: Pílulas para despertar” Imprimir
Martes, 13 Xuño 2023 13:19

O vindeiro xoves 15 de xuño ás 19:30h, a Biblioteca do Concello de Verín acollerá a presentación do libro "Aquí comeza A Rosa dos Ventos: Pílulas para despertar" de Bruno Cardeñosa, editorial Luciérnaga 2023 (Grupo Planeta), director do programa A Rosa dos Ventos, líder nas noites do sábado e domingo na cadea Onda Cero.


Sinopse: "Ao comezar cada emisión de A Rosa dos Ventos, Cardeñosa -galego que emigrou a Zaragoza e que agora vive en Madrid, pero galego ata a medula- ofrece unha exposición de dous minutos na que mergulla no máis profundo das súas formulacións valentes. Esta presentación converteuse nun dos principais elementos do programa A Rosa dos Ventos, que volveu a situarse como programa líder nas noites do fin de semana. Estas pílulas son alma e rebeldía".

Bruno Cardeñosa (Ourense 1972), é director e presentador do histórico programa de radio "A Rosa dos Ventos" de Onda Cero. Este ano, o programa cumpre 25 anos en antena. Ademais, é autor dunha vintena de libros e foi durante dúas décadas director de revistas de historia e ciencia