O Concello de Verín organiza unha andaina solidaria en apoio a Cruz Vermella Imprimir
Luns, 12 Xuño 2023 11:44

O vindeiro domingo 18 de xuño, o Concello de Verín organiza unha andaina solidaria a favor de Cruz Vermella Verín. A finalidade desta iniciativa é axudar á entidade a recadar fondos para levar a cabo a súa labor social en favor dos colectivos máis desfavorecidos.


A andaina, de dificultade baixa, terá un percorrido de 10 quilómetros polo val do Támega, partindo da Praza da Mercé, ás 10:00 horas, e pasando polo Balneario de Cabreiroá ata chegar a Queizás, para logo continuar pola Ecovía do Támega.

As persoas interesadas en participar nesta acción solidaria terán que inscribirse previamente en Multisport Verín (tfno. 600 410 018). O custo da inscrición é de 7 euros e inclúe a entrega dun boleto para o sorteo do ouro de Cruz Vermella.

Nesta iniciativa colaboran tamén a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín, a Asociación Ruta das Augas e as empresas Multisport, Hortoverín e Cabreiroá.