Verín acolle a súa III andaina nocturna Imprimir
Martes, 09 Agosto 2022 11:50

O Concello de Verín organiza, en colaboración coa Asociación de Sendeirismo Ruta das Augas, unha andaina nocturna para a noite do 19 de agosto.


Segundo confirmaron esta mañá o concelleiro de Transporte, Feiras e Hostalería, Manuel Lorenzo, e a responsable da Asociación de sendeiristas, Amaya Álvarez, o  percorrido será circular e terá unha dificultade baixa. Sairá desde a Praza García Barbón ás 21:00 horas e seguirá unha ruta de 9 quilómetros.





A andaina ten un prezo de 5 € e, pola seguridade dos camiñantes, será obrigatorio levar un chaleco reflectante e unha lanterna. Todos os participantes terán de agasallo unha camiseta de recordo ademais das provisións e dos servizos necesarios durante o camiño.


Todas as persoas interesadas en participar poderanse inscribir ata o 16 de agosto no local de Multisport Verín ou vía WhatsApp no teléfono 600410018.