O C.R.D.O. Monterrei e o Concello de Verín asinan un convenio de colaboración para a XV Feira do Viño de Monterrei Imprimir
Venres, 15 Xullo 2022 14:12

 A presidenta do C.R.D.O. Monterrei, Lara Da Silva, e o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, asinaron esta mañá un convenio de colaboración entre as dúas entidades destinado á organización da próxima edición da Feira do Viño de Monterrei, que terá lugar entre o 12 e 14 de agosto.

Este convenio recolle, por escrito, as cuestións das que se encargará cada entidade. O mesmo inclúe aspectos como montaxe do recinto feiral, publicidade ou actuacións musicais, entre outros.