Felíz día das Letras Galegas 2022 Imprimir
Martes, 17 Maio 2022 08:19

 Este ano,  autor homenaxeado é Florencio Delgado Gurriarán, todo un reflexo da cultura galega no século XX, e cuxa figura encarna o activismo cultural desenvolvido polos galeguistas que fuxiron a México, tendendo sempre pontes co exilio interior.


Compartimos convosco a peza audiovisual Polos vieiros de Florencio - Día das Letras Galegas 2022, realizada pola Real Academia Galega, , desenvolvida co apoio económico da Xunta de Galicia e o Ministerio de Ciencia e Innovación, arredor da vida e da obra do autor.

Na mesma, Xesús Alonso Montero destaca a importancia dos poemas sociolingüísticos que escribiu Florencio Delgado Gurriarán xa dende os tempos da República. O académico é autor de 'Florencio Delgado Gurriarán. Poeta na terra, na guerra e no exilio', obra editada por Galaxia neste ano en que a Real Academia Galega lle dedica o Día das Letras Galegas ao escritor e activista cultural valdeorrés.

https://youtu.be/eAeitzvOCQA