O Plan Hidrolóxico Nacional ve factible que Verín e comarca se abstezan do embalse de As Portas Imprimir
Mércores, 04 Maio 2022 14:22

 Segundo confirmou esta mañá o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, o Plan Hidrolóxico Nacional asumirá os prantexamentos formulados polo Concello de Verín para renovar totalmente o sistema de abastecemento da Mancomunidade da comarca, pasando a un revolucionario sistema que cambie totalmente o actual modelo, obsoleto e non suficiente para garantir as necesidades dos municipios.


Así, tal e como defendeu o rexedor de Verín, Gerardo Seoane, nas recentes reunións entre os alcaldes e técnicos da zona para fixar unha postura común nas alegacións e propostas sobre tal tema para a Confederación Hidrográfica del Duero, a solución pasaría  por deixar de esgotar os recursos do Val, e pasar a captar en varios puntos de altura en outras zonas, enmarcadas na demarcación da Confederación Miño-Sil, que baixarían por gravidade ata a comarca desde o embalse de As Portas.

O informe que servirá para o proxecto do Plan Hidrolóxico admite que «el reforzo de suministro que se propone puede plantearse a través de la solicitud de una concesión de aguas superficiales en la cuenca del Miño-Sil, para lo cual sería  viable una transferencia desde el embalse de As Portas, mediante las correspondentes infraestructuras de trasvase y la creación de una junta rectora en el nivel administrativo».

De esta forma, os responsables hidrolóxicos estatais recoñecen que a solución plantexada no seu día por Verín non é so adecuada, senón viable, e así o recollerán nos seus documentos.

En decembro pasado, Seoane defendía ante os demais rexedores que «é necesario un cambio radical: Estamos nunha comarca que pode chegar a unha poboación estacional de 27.000 persoas, e neste intre é necesario reprantexarse o ciclo ca auga completo na nosa comarca: tanto os sistemas de captación  -con máis de 200 puntos, cada un coa súa problemática- como as redes de distribución -cunha execución moi deficiente- e cun sistema de depuración practicamente inexistente.»

Para elo, propuña o que definía coma «o proxecto ambiental máis importante do sur de Galicia no século XXI», cambiando o ciclo da auga «desde as estribacións dun parque natural – O Invernadoiro- ata a Zona Especial de Conservación das Veigas do Támega e a fronteira con Portugal».