Curso online 'Localizando a Axenda 2030' do Fondo Galego Imprimir
Xoves, 27 Xaneiro 2022 13:10

 O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que forma parte o Concello de Verín, vén de abrir o prazo para inscribirse na terceira edición do curso online 'Localizando a Axenda 2030: O papel clave dos municipios na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible', que se desenvolverá do 1 de marzo ao 24 de abril a través da nosa plataforma de teleformación. Esta acción formativa, con matrícula de balde, está especialmente pensada para o persoal político e técnico das deputacións e concellos socios.


O curso estrutúrase en catro módulos de dúas semanas cada un titorizados por persoas expertas na materia, que abordarán a orixe e contidos da Axenda 2030, a implementación dos ODS no eido local, a cooperación descentralizada ou as estratexias de comunicación e casos prácticos. Cada tema contará cun documento explicativo e cunha sesión de videoconferencia. A inscrición permanecerá aberta ata o 21 de febreiro.

Inscricións: http://bit.ly/Curso2030ed3

+info: https://bit.ly/34cfsE8