O Salón de Actos da Casa da Cultura acolle a presentación do libro “Cruceiros e Petos” de Bruno Rúa Imprimir
Martes, 25 Xaneiro 2022 12:17

 O vindeiro xoves 27 de xaneiro, ás 20:00 horas, o Salón de Actos da Casa da Cultura acollerá a presentación do libro “Cruceiros e Petos” do etnógrafo Bruno Rúa Martínez.

Esta obra e o cuarto libro da Colección Taboada Chivite de Patrimonio e está adicado a un dos elementos máis significativos da cultura popular galega: os cruceiros e os petos de ánimas, monumentos que tanto recollen elementos de tradición oral como estéticas de cultura académica, como poden ser os cruceiros de San Cibrao ou Medeiros, ou o excelente peto de A Xironda.

Como todos os libros da colección, intenta amosar unha foto fixa do estado actual todos eses monumentos, non deixando de lado, nunca, a tradición oral en forma de lendas, ademais de facer fincapé na importancia esencial das encrucilladas dentro das costumes e crenzas populares, incluíndo a Santa Compaña ou a filiación destes monumentos singulares dentro da evolución das moi galaicas aras aos Lares Viales, os deuses protectores dos camiños e os camiñantes.