O Concello de Verín inaugura un novo mural de Fernando Barreira na Praza García Barbón Imprimir
Venres, 21 Xaneiro 2022 14:11

 O Concello de Verín vén de inaugurar un novo mural de gran formato realizado polo artista local, Fernando Barreira, no que -a modo de photocall- veciños e visitantes poderán inmortalizarse cunhas espectaculares ás de bolboreta.


O acto oficial contou coa presenza de Gerardo Seoane, alcalde de Verín, e Fernando Barreira, artista local creador da obra.

Seoane explicou durante a presentación que esta acción está englobada no marco estratéxico do plan de humanización da vila. «O que buscamos con esta tipoloxía de accións é devolverlle a vida a certas zonas degradadas e transformalas achegando cor e alegría aos diferentes espazos, utilizando diferentes formatos de arte urbana».

Devandito mural, que mide oito metros de largo por cinco de alto, esta formado por dous pares de  coloridas ás especialmente deseñadas para que veciños e visitantes poidan inmortalizar, a modo de  photocall, o seu ademán de bolboreta cunha fotografía.

O deseño das mesmas está fortemente marcado polo inconfundible e único estilo de Barreira, sempre definido por unha gama cromática fortemente colorista que non deixa a ninguén indiferente. “Verín dáche ás”: amparándose neste  slogan, o autor destacou que «este deseño responde a unha idea orixinal do Concello e representa varios dos valores dos que nos transmite esta institución municipal» como son a seguridade ou a súa capacidade de impuxo estratéxico da vila e da súa cidadanía.

Por último, Fernando Barreira aproveitou para lembrar que cede en exclusiva ao Concello todos os dereitos de explotación da obra. Ademais, o autor obsequioulle tamén ao ente municipal un deseño orixinal dun chaveiro coa marca Verín que será presentado en breve publicamente.