O Salón de Actos da Casa da Cultura acolle a presentación do libro “Pinturas Rupestres. Catálogo de Patrimonio” de Bruno Rúa Imprimir
Martes, 21 Decembro 2021 14:05

 O vindeiro xoves 23 de decembro, ás 19:00 horas, o Salón de Actos da Casa da Cultura acollerá a presentación do libro “Pinturas Rupestres. Catálogo de Patrimonio” do etnógrafo Bruno Rúa Martínez.

Este pequeno libro é o número cero da Colección Taboada Chivite de Patrimonio. Inclúe o listado de todo aquel elemento considerado como parte do patrimonio e que, ademais, teña algún valor singular.

Como non hai aínda campo suficiente para realizar un libro exclusivo, o autor inclúe dous pequenos artigos sobre as dúas estacións de pinturas rupestres da comarca, o que nos converte no lugar de Galicia de maior concentración desta arte arcaica.