Teatro ‘Os vellos non deben de namorarse’ Imprimir
Venres, 06 Novembro 2009 10:05

A Casa da Cultura de Verín acollerá mañá 7 de novembro, a partir das 18 horas, a representación gratuíta da obra de teatro ‘Os vellos non deben de namorarse’, a cargo do grupo Alecrín.

Este grupo amateur, formado no ano 2008 e composto por 22 membros con idades comprendidas entre os 7 e 68 anos, interpretará esta obra clásica de Alfonso Rodríguez Castelao, na que a tradición popular galega revive coas tendencias renovadoras do teatro europeo.

Esta actuación, que se efectuou con anterioridade nas festas de San Cibrao (Oímbra) en honra a Santa Cruz, está organizada pola Asociación Cultural de Santa Cruz de San Cibrao.