A Biblioteca de Verín retoma en xaneiro as súas Xornadas de Novela Negra Imprimir
Venres, 12 Novembro 2021 12:16

 Tras un parón obrigado provocado pola Covid-19, a Biblioteca Municipal de Verín retoma en xaneiro as que serán as IV Xornadas de Novela Negra. Baixo o título “Personaxes de novela”,  nesta nova edición combinarase o mundo de ficción novelesca coa realidade a través das experiencias de personaxes reais que, a súa vez, teñen un importante papel nas novelas deste xénero literario.

Devanditas xornadas, que terán lugar o venres 21 e sábado 22 de xaneiro de 2022 no Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín,  serán coordinadas, dirixidas e presentadas polo xuíz e escritor Xosé Antón Vázquez Taín e contarán coa participación de profesionais da talla de Enrique León Calviño, ex comisario de Vilagarcía; Victor Souto, comandante da Garda Civil - xefe da sección de Homicidios, Secuestros e Extorsións (UCO); María Berta Rodríguez, médico forense e subdirectora territorial de A Coruña do Instituto Médico Legal de Galicia; e dos escritores Arantza Portabales e Alejandro Corral.

Para rematar as xornadas haberá unha mesa redonda dirixida por Rafael Cid, director Centro Territorial. de RTVE Galicia, onde participarán todos os relatores das xornadas.