Charla-coloquio ‘Menús autóctonos e internacionais’ Imprimir
Venres, 06 Novembro 2009 10:04

Mañá 7 de novembro, a partir das 18 horas, terá lugar na aula 22 da Casa da Xuventude de Verín a charla-coloquio ‘Menús autóctonos e internacionais’, impartida por Martín Álvarez González, escritor e profesor de cociña do IES Vilamarín.

Esta actividade, englobada dentro do programa Concellos Saudables e organizada polo Concello de Verín, amosará aos presentes a conxugación dos alimentos tradicionais, como a oliva e as ortigas, coa cociña innovadora e moderna. Ademais, como complemento a esta sesión, impartirase un módulo de menús internacionais no que se mostrarán pratos típicos do Sahara, Ecuador e Brasil.