Aberto o prazo de inscrición para os expositores da Feira de Nadal 2021 Imprimir
Venres, 05 Novembro 2021 12:11

Entre o 4 e o 8 de decembro, O Concello de Verín organizará na Praza Maior a súa Feira de Nadal. As persoas interesadas en participar na mesma deberán enviar a organización as ideas e propostas do seu produto así como da decoración do seu stand.



Todos os expositores interesados en instalar unha caseta na feira xa poden formalizar a súa inscrición atendendo as seguintes condicións de participación:

  

-       Horario da feira: 12.00 a  22.00 h.

-       Ubicación: Praza Maior.

-      Teléfono información: 670929035 (Ángeles Sierra).

-      Cota de participación: 75 euros (pagando en efectivo na Tesourería do Concello de Verín ou por transferencia bancaria, Nº conta bancaria:  ES11-2080-3567-6230-4000-1312 (ABANCA)

-      As candidaturas deberán ser formalizadas antes do 12 de novembro de 2021.

-      A Folla de Inscrición e os xustificantes bancarios ou recibís de pago en efectivo entregaranse por un dos seguintes medios:

 

a) No Rexistro do Concello de Verín -no andar baixo da casa consistorial (Praza do Concello s/n), no rexistro.

b) Por correo electrónico:  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo e a  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . Incluír sempre ambos correos.

d) Por Sede Electrónica do Concello de Verín: https://verin.sedelectronica.gal.

 

-      A  temática desta feira é natalicia, polo cal os participantes deberán enviar a organización as ideas e propostas do seu produto e decoración do seu stand. 

-      A organización resérvase o dereito a non incluír as inscricións que non cumpran coa temática desta feira.

-      E importante que os expositores amosen e se comprometan con produtos ambientados na temática natalicia. Elaborando cestas natalicias  e embalaxes, luces, envases, envoltorios típicos do nadal.

Posibilidade de complementar o produto con produtos típicos nesta época. A organización está aberta a propostas e ideas que teñan os participantes para os seus stands.

-      Dada a limitación de espazo para expor os produtos, realízase a asignación de posto por orde de entrada e temática. Por iso é importante realizar a inscrición e pagamento o antes posible.

-      Os participantes traerán os seus taboleiros e mobiliario necesario para expor os seus produtos.

-      Permítese a degustación de produto típico do nadal.

-      A decoración natalicia do stand e do mobiliario corre a cargo do expositor.

-      Importante manter a limpeza dentro do stand tal cal se entrega o primeiro día.

-      A carga e descarga de mercancía realizarase dun xeito organizado, sen interromper a resto de expositores, viandantes, resto de coches, etc...Mantendo libre os vados e aparcamentos. Realizándoo antes e despois dos horarios de apertura e peche da feira 

-      Os/As participantes son responsables dos produtos vendidos e da súa calidade e serán obrigados a indemnizar a calquera comprador/a que lles vendan produtos sen calidade.

-      A organización non se responsabiliza dos danos ou desaparición de obxectos dos stands durante o horario de funcionamento do evento.

-      A reposición de mercadoría, durante o horario de funcionamento do evento, deberá ser comunicada a organización para a correspondente autorización.

-      É obrigatoria a presenza dunha persoa mínimo no respectivo stand, 5 minutos antes da hora de apertura ata a hora de peche ou ampliación de horario por afluencia de público.

-      O/A participante non pode ceder a calquera título, oneroso ou gratuíto, o seu dereito de ocupación do espazo.

-      O participante comprométese a participar durante os cinco días de feira, así como durante toda a xornada nos horarios indicados.

-      Calquera incidencia ou suxerencia será posta en coñecemento da organización antes e durante a feira.


Descarga aquí a folla de inscrición:

  Folla Inscripción Expositores Feira Nadal 2021 e condicions de participacion