Magosto e foliada aberta na Praza Maior de Verín Imprimir
Mércores, 03 Novembro 2021 12:45

 O vindeiro sábado, 6 de novembro, o Concello de Verín celebra un magosto popular na Praza Maior da vila. Os asistentes ao evento, que comezará ás 19:00 horas, poderán degustar castañas de balde e desfrutar dunha divertida xornada de festa, como non podía ser doutra maneira, con foliada aberta e baile.


As personas interesadas en participar na foliada co seu instrumento terán que inscribirse previamente, antes de venres 5 de novembro –ás 15:00 horas-, no email Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .