Remata o asfaltado da nova ponte situada en Queizás Imprimir
Venres, 22 Outubro 2021 12:01

O Concello de Verín vén de rematar o asfaltado da nova ponte de Queizás. Cun investimento inicial de 134.688 euros, o Concello da luz verde a segunda fase do proxecto que consistirá na realización das obras necesarias para culminar a unión deste viaduto co polígono de Pazos.

Esta actuación, que ten como principal obxectivo retirar o tráfico pesado  do centro, especialmente  ós  camións con destino  ó polígono de Pazos (uns 600 vehículos diarios, aproximadamente), supón un investimento total de 1 millón de euros; dos cales 800.000 euros son achegados polo Instituto para a Diversificación e o  Aforro  Enerxético (IDAE) e  200.000 euros corresponden a fondos propios municipais.

Segunda fase

O Concello de Verín encóntrase actualmente traballando na segunda fase do proxecto que, cunha inversión de 700.000 euros, consiste na realización das obras necesarias para culminar a unión deste viaduto co polígono de Pazos. «Ca finalización desta segunda fase, completarase o novo viario perimetral que servira de circunvalación complementaria á que se desdobra das autovías A-52 e A-75, conseguindo que os camións non teñan que abordar o casco urbano reducindo significativamente as emisións contaminantes», explicou Gerardo Seoane, alcalde de Verín.