O Concello de Verín, ABANCA e Afundación mostran «Múltiple. A arte do gravado de Picasso a Barceló» Imprimir
Xoves, 07 Outubro 2021 10:51

 O Concello de Verín, ABANCA e Afundación inauguraron onte, mércores 6 de outubro ás 11.15  h, a mostra «Múltiple. A arte  do gravado de Picasso a Barceló». Ao acto asistiron Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense; Pablo Villar, director da oficina de ABANCA en Verín; e Xosé Carlos  Caneiro, vicepresidente de Afundación.


A mostra, de entrada libre e gratuíta, poderase contemplar na Sala de  Exposicións de Verín ata o 5 de novembro de luns a venres en horario de 17.00 a 21.00  h.

As imaxes están dispoñibles aquí:

https://drive.google.com/drive/folders/1AtavjMwIA2oAAOFBlgVz6tAdhvatq7KG?usp=sharing

A través dos artistas máis destacados do século  XX español, esta exposición pretende dar a coñecer as técnicas tradicionais do gravado  calcográfico e as súas variantes, en especial a  xilografía, a litografía e a serigrafía. En ocasións, a delimitación entre unha técnica e outra non é tan  nítida xa que os artistas actuais son capaces de combinar as distintas técnicas e mesmo e inventarse outras novas.

Esta mostra é froito da colaboración enmarcada no proxecto « Corrente cultural», que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística máis aló das súas sedes e trasladándoa ás localidades galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade.

Unha  mostra con fondos dá Colección de Arte de Afundación