O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para dous cursos AFD' S (Formación para desempregados): Un Curso de Socorrismo en Instalacións Acuáticas e outro de Atención Socio-sanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Locais.
Os requisitos de acceso para ambos os cursos, que comezan e 2 de novembro, serán a posesión do título da ESO ou de competencias clave NIVEL 2, así como o certificado de estar rexistrado no INEM como desempregado. As persoas que superen devanditos cursos conseguirán o Certificado de Profesionalidade, NIVEL II.
As persoas interesadas en inscribirse pode facelo na segunda planta do Concello de Verín
- CURSO DE SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS (do 2 novembro ao 11 de marzo 2022).
• Horario: realizarase polas mañás na aula 1 da Casa da Xuventude (9.00 a 14.00 horas)
- CURSO DE ATENCIÓN SOCIO-SANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS (do 02 de novembro ao 29 de marzo 2022).
• Horario: realizarase pola tarde, de 16.00 a 21.00 horas, na aula 1 da Casa da Xuventude |