A Piscina climatizada de Verín abre o prazo de inscrición para os cursos de natación Imprimir
Martes, 28 Setembro 2021 12:23

 O vindeiro mércores 29 de setembro, ás 16:00 horas, a Piscina Climatizada de Verín abre o prazo de inscrición dos seus cursos de natación.


Devandita inscrición realizarase por rigorosa orde de chegada. O alumnado poderá escoller en todos os cursos entre os seguintes días: luns e mércores, martes e xoves, ou só o venres.

Os cursos para nenos e nenas de 3 a 6 años impartiranse en dous horarios diferentes: de 16:15 ata as 17:00 horas e de 17:30 ata as 18:15 horas, mentres que o horario para os menores a partir de 7 anos será de 18:45 a 19:30 horas.

Tamén se ofertan cursos de adultos e de bebés. As persoas interesadas en inscribirse ou en ampliar información poden facelo chamando as instalación da piscina climatizada: 988414184.