O Auditorio de Verín acolle a representación teatral da obra “Feminissimas” da compañía De Ste Xeito |
Martes, 14 Setembro 2021 17:09 |
O sábado 18 de setembro, ás 20:30 horas, a compañía de De Ste Xeito Producións actuará no Auditorio do Concello de Verín coa súa última peza teatral, titulada Feminíssimas. unha fantástica comedia coa amizade como fondo e o feminismo como forma. Feminíssimas, dirixida por Xavier Castiñeira e interpretada por Noelia Blanco, Esther F. Carrodeguas e Stephy Llaryora, é unha creación colectiva que non che deixará indiferente. Ademais conta co traballo de iluminación de Javier Quintana e a colaboración de José Faro “ Coti” e Beatriz de Vega González. As entradas xa están dispiñibles a través de ataquilla.com por 5 euros. Feminissimas Creación colectiva Un Congreso Feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que hai anos que non ven. Tres amigas que teñen 3 maneiras moi distintas de entender o “feminismo”… Por exemplo: feminismo radical, feminismo liberal e teoría queer. Este é o punto de partida da creación colectiva na que están a traballar Esther F: Carrodeguas, Noelia Blanco, Stephy Llaryora e Xavier Castiñeira, tentando meter altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba mentres analizamos -desde a comedia- de que maneira as mulleres estamos a convivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas. Unha maneira –tamén– de rirnos de nós mesmas, de nosas propias incongruencias e sobre todo do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria. Un espazo –ademais– para reflexionar sobre a amizade e a súa complexa relación coa ideoloxía. En resumo: unha comedia negra… moi violeta. |